Indice
Caracterización mecánica | Caracterización microestrutural | Caracterización da durabilidade | Análise térmica | Outras técnicas
Caracterización mecánica

Máquina universal de ensaios (UTM) Shimadzu AG – I 250 kN
É empregada para avaliar propiedades mecánicas dos materiais, aplicando forzas controladas, sendo os ensaios máis comúns, tracción, compresión, flexión e cizalladura. Ademais, permite determinar a resistencia, ductilidade e comportamento ata a ruptura.

Encotest DuraScan 50
Este equipo é empregado para realizar medidas da dureza nos materiais, para o cal se emprega unha carga controlada e un indentador de diamante (en función do tipo de dureza a ensaiar, a cal posteriormente mídese para determinar a resistencia do material á deformación plástica. Con este equipo pódense facer microdurezas a unha escala microscópica, ou macrodurezas onde a deformación é visible a simple vista.
Caracterización microestrutural

Microscopio electrónico de barrido (SEM) JEOL JSM - 5410
É empregado para obter imaxes de alta resolución da superficie de mostras, permitindo a análise detallada da súa morfoloxía e composición.

Microscopio óptico metalográfico Olympus GX51
Empregado para observar e analizar as microestruturas internas dos metais, como pode ser a disposición de graos, fases e posibles defectos presentes nas mostras metálicas.

Difractómetro de raios X Siemens D5000
Emprégase para determinar a estrutura xeométrica tridimensional dos materiais cristalinos.
Caracterización da durabilidade

Cámara de nebla salina Humytest
Utilizado para realizar ensaios de corrosión acelerada, recreando ambientes de alta salinidade para avaliar a resistencia de materiais fronte a condicións agresivas.

Potenciostato galvanostato Autolab
Empregado para unha ampla variedade de técnicas:
- EIS (Espectroscopía de Impedancia Electroquímica)
- CV (Voltametría Cíclica)
- Rp (Polarización liñal, Resistencia de polarización)
- ENA (Ruido electroquímico)
- ZRA (Correntes galvánicas)
- EQCM (microbalanza de cuarzo)

Analizador de impedancia Keysight E4990A 20Hz – 50MHz
Esta técnica permite obter información sobre o comportamento dun sistema en función da frecuencia da corrente alterna aplicada.
A EIS é útil en diversas aplicacións, como a electroquímica analítica, onde se poden detectar moléculas sen un marcador redox activo.
Análise térmica

Termogravimetría (TGA) Mettler Toledo STAR System
Técnica analítica que mide o cambio no peso dunha mostra a medida que se quenta ou enfría. Este método permite estudar a composición e estabilidade térmica de materiais.

Calorimetría diferencial de barrido (DSC) Mettler Toledo DSC822e
Empregado para medir a enerxía absorbida ou liberada por unha mostra a medida que se quenta ou enfría.
Outras técnicas
Caracterización superficial

Perfilómetro Veeco Dektak150
Empregado para múltiples aplicacións, como poden ser:
- Medición de espesores de capas e rugosidades en materiais.
- Análise de texturas e control de calidade en procesos de mecanizado e tratamentos superficiais.
- Medición de frecuencias espaciais e control de calidade de útiles de mecanizado.
Análise de tamaño de partículas

Analizador DLS Malvern Zetasizer Nano – ZS ZEN3600
Emprégase para medir o tamaño de partículas, o potencial zeta e a mobilidade molecular, ademais de outras diversas aplicacións como son a caracterización de nanopartículas, coloides e proteínas.